| |
 |
 |
|
 |
|
Tu publicidad |
|
|
|
|
|
|
|
Menú |
|
|
| | | | | Inicio |
| |
| | | |
| |
| | | | Comunícate |
| | | | | Noticias |
| | | | | Descargas y Enlaces |
| | | | | Información |
| |
|
|
|
|
|
|
Camisetas |
|
|
|
|
|
|
|
Mensajes |
|
|
|
|
|
|
|
Vota en el Top10 |
|
|
|
|
|
|
|  REGÍSTRATE AQUÍ GRATIS, solo faltas tú. No pierdas la oportunidad de formar parte de esta gran familia de pescadores submarinos, participando en los foros, mostrándonos las fotos de tus capturas y muchas cosas más...BIENVENIDO, un saludo y buenas pescas. José Félix. | | | | |
| Índice principal | Más valorados | Aleatorios |
| | | | | Categoría: Legislación/Galicia  - Resolución do 18 de abril de 2007 -  |
| Descripción corta: Da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se establece o período de veda para o polbo para o ano 2007.
| Por medio da Orde do 13 de decembro de 2006 (publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 241, do día 18 de decembro), pola que se desenvolve o plan de recuperación do polbo e se ditan normas para a aprobación dos plans zonais, establécense as bases da xestión e os contidos mínimos para a elaboración dos plans zonais de explotación no marco do devandito plan de recuperación.
Con base ao artigo 2 desta orde, a Dirección Xeral de Recursos Mariños aprobou tres plans zonais mediante as seguintes resolucións:
-Resolución do 19 de decembro de 2006, pola que se aproba o Plan zonal experimental de captura de polbo (octopus vulgaris) para a zona noroeste.
-Resolución do 19 de decembro de 2006, pola que se aproba o plan zonal experimental de captura de polbo (octopus vulgaris) para a zona cantábrica.
-Resolución do 19 de decembro de 2006, pola que se aproba o plan zonal experimental de captura de polbo (octopus vulgaris) para a zona das Rías Baixas.
No artigo 4 da Orde do 13 de decembro de 2006 e no punto 4.1 de cada unha das resolucións polas que se aproban os plans zonais establécese unha veda de dous meses consecutivos comprendidos entre abril e xullo, que deberán as entidades asociativas adscritas a cada plan comunicar para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Consultado o sector, esta dirección xeral,
RESOLVE:
Primeiro.-Declarar o período de veda do polbo para o ano 2007, que queda establecido do seguinte xeito:
Zona Ámbito / Veda
- Zona noroeste O tramo ao sur de Cabo Silleiro e deSde Corrubedo a Monte Campelo / Do 11 de maio ao 9 de xullo
- Zona cantábrica Monte Campelo ata o río Eo / Do 11 de maio ao 9 de xullo
- Zona Rías Baixas Norte de Cabo Silleiro ata Corrubedo / Do 11 de maio ao 9 de xullo
Segundo.-Iniciar o proxecto de modificación da Orde do 9 de xaneiro de 2007, pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o ano 2007, para adiantar o período de captura de nécora autorizado a partir do día 9 de xullo de 2007.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ante a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
Santiago de Compostela, 18 de abril de 2007.
Antonio García Elorriaga
Director xeral de Recursos Mariños
|
| | | | | | Nos interesa tu opinión, valora este artículo: |
|
Opciones |
|
|
|
|
|
|
| | | | | | | | Comentarios restringidos a usuarios registrados Conectar | | | | | | No hay comentarios, añade el tuyo. | | | | | |
|